04 julio 2008

Galicia sigue recordando a Loyola de Palacio


O Eixo Atlántico quere impulsar o AVE Porto-Vigo
25-julio-2008

O Presidente do Eixo Atlántico, Luís Filipe Menezes, enviou esta mañá unha carta ao Primeiro Ministro portugués, José Sócrates, solicitando unha entrevista urxente para verificar trazado definitivo e o prazo de execución da liña de alta velocidade Ferrol-Lisboa.

Nestes anos, o Eixo Atlántico reuniuse en numerosas ocasións cos principais responsables políticos como o ex-Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, o ex-Primeiro Ministro portugués Durão Barroso, o ex-Primeiro Ministro, António Guterres –quen se comprometeu e cumpliu co inicio do procedemento legal para a execución da obra- , cos Ministros de Obras Públicas do Goberno Portugués, Jorge Coelho, Luis Valente de Oliveira e Mário Lino, co ex-Ministro de Fomento, Álvarez Cascos, e con altos cargos da Comisión Europea como a Vicepresidenta da Comisión Europea, Loyola de Palacio, ou o Comisario Michel Barnier.

Como consecuencia da reunión con Loyola de Palacio en marzo de 2001, a Comisión Europea incluiu a conexión Ferrol-Lisboa, denominada oficialmente como liña do Eixo Atlántico, na rede de liñas de transporte prioritarias da Unión Europea.

fuente -Xornal