20 agosto 2009

Arcos da Condesa rende unha homenaxe póstuma a Loyola de Palacio


Familiares e amigos da ex ministra participan esta mañá nuns actos nesta parroquia de Caldas de Reis

Fecha de publicación:
25/7/2009
Fuente - La Voz de Galicia

A ex ministra de Pesca e ex comisaria europea de Transportes Loyola de Palacio, falecida o 13 de decembro do 2006, recibirá hoxe unha homenaxe póstuma na parroquia caldense de Arcos da Condesa. O primeiro dos actos desenvolverase ás 10.30 horas na sede da Entidade Local Menor de Arcos, que preside Francisco Rivas. Tralas verbas de benvida aos familiares e amigos de Loyola de Palacio, os asistentes coñecerán a placa que lembra a visita que realizou en 1999 con motivo do amadrinamento da cuarta campá para a catedral da Almudena. Un proxecto impulsado por un grupo de galegos residentes en Madrid do que é xerente o avogado Ricardo Ríos. Está previsto que asista á homenaxe Ana de Palacio, irmá de Loyola, e ex ministra de Asuntos Exteriores. Os actos continuarán no lugar de Badoucos, tamén en Arcos, onde a ex dirixente do PP dá nome a unha praza pública que ela mesma inaugurou noutra visita o 26 de xuño do 2006. En Badoucos está o taller de fundación de campás da familia Ocampo. A homenaxe trasladarase despois a Carril e a Vilaxoán.