Familiares e amigos da ex ministra participan esta mañá nuns actos nesta parroquia de Caldas de Reis
- Fecha de publicación: la voz de galicia
- 25/7/2009
A ex ministra de Pesca e ex comisaria europea de Transportes Loyola de Palacio, falecida o 13 de decembro do 2006, recibirá hoxe unha homenaxe póstuma na parroquia caldense de Arcos da Condesa. O primeiro dos actos desenvolverase ás 10.30 horas na sede da Entidade Local Menor de Arcos, que preside Francisco Rivas.
Tralas verbas de benvida aos familiares e amigos de Loyola de Palacio, os asistentes coñecerán a placa que lembra a visita que realizou en 1999 con motivo do amadrinamento da cuarta campá para a catedral da Almudena.
Un proxecto impulsado por un grupo de galegos residentes en Madrid do que é xerente o avogado Ricardo Ríos. Está previsto que asista á homenaxe Ana de Palacio, irmá de Loyola, e ex ministra de Asuntos Exteriores. Os actos continuarán no lugar de Badoucos, tamén en Arcos, onde a ex dirixente do PP dá nome a unha praza pública que ela mesma inaugurou noutra visita o 26 de xuño do 2006. En Badoucos está o taller de fundación de campás da familia Ocampo. A homenaxe trasladarase despois a Carril e a Vilaxoán.
-----------
Le gustaba hablar en gallego, en euskera, en español, adoraba España y sus diferentes comunidades, le apasionaba el contacto con sus gentes que la convertieron en una más del pueblo.
Todo homenaje es poco ya, pero muy necesario, honrar a los que nos abrieron los caminos del futuro es lo más justo que podemos hacer.